Habitamos unha época turística
A mais turística dende sempre xamais,
Con variedades innumerables de viaxes
Dende culturais a deportivos,
De museos, gastronómicos, relixiosos,
Natureza, montaña, deportes estremos,
Países exóticos, turismo de masas,
De sol e praia, turismo de evasión,
A lugares sen moita xente,
Difícil intención,
Ata tes que pedir cita para o Everést ascender.
De concertos, de botellón, de esmorga,
Turismos incontables son,
Pero temos unha nova variedade
Causa de fonda e triste emoción:
O turismo de guerra de verdade.
Viaxes organizados para contemplar
Dende puntos estratéxicos e vantaxosos
Como un exército bombardea ata arrasar
Pobos xa completamente arrasados.
E non contentos con mirar,
Unha muller emocionada que alí estaba
Dicía moi convencida e determinada
Que ó país agresor ía apoiar.
Para que ver museos, paisaxes, monumentos,
Bosques, praias de branca area e azuis augas,
Se podemos contemplar, e mesmo ulir,
Como se aniquila definitivamente un pobo
Que xa levan décadas a aniquilar.
¡Que maior emoción! ¡Excitación sen par¡
Non lles chega coas noticias da televisión,
Amosando nenos desesperados, orfos,
Mutilados, moitos asasinados,
Cidades onde non queda unha casa en pé,
Pero as bombas seguen a caer,
Hoxe e mañá tamén.
Quen podería pacificar a guerra,
Quere expulsar ós moradores
E construír un resort para turistas.
A vida non cotiza no stock market de valores.
Hoxe é venres santo, para conmemorar
Que fai 2025 anos, un irmán ou curmá,
Porque parentes biolóxicos son,
Só os separa a relixión e tradición,
Foi, segundo a Biblia, crucificado
Polos inimigos comúns romanos.
Un home que viña redimir o mundo:
A xudeus, palestinos, romanos e demais,
¿ Era isto o que viña predicar?
Hoxe é venres santo, día de loito
Para moitos dos que esta masacre
Apoian ou non están a reprobar.
¿Non merecen dereitos, nin loito,
Nin misericordia os mais de 50000 mortos?
A efemérides que celebran moitos,
E que millóns de turistas están a contemplar
Non casa nada ben co que Xesucristo,
Protagonista das prolíficas celebracións,
Veu naquelas terras a predicar.